AIRE NEGRO Ampliar

AIRE NEGRO

  • 13.0x21.0cm.
  • Nº de páginas: 192 págs.
  • Editorial: EDICIONS XERAIS
  • Lengua: ESPAÑOL
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788483025024
  • Año edicón: 2003
  • Plaza de edición: VIGO

Más detalles

9788483025024

Disponibilidad: Este producto ya no está disponible

9,40 €

» Añadir a mi lista de deseos

No hay puntos de fidelidad para este producto.


Existe realmente, como cren as mentes populares, a Gran Besta, o Maligno, unha realidade abominable que permanece durmida por debaixo de nós, nas furnas e nos infernos do noso submundo, pero que de cando en vez esperta e sae á superficie para estarrecernos e estender o espanto entre as persoas? ¿Ou, como dicía Jung e a psiquiatría oficial, trátase unicamente dun arquetipo máis, dunha imaxe simbólica que pervive nos mitos de todas as culturas e que reflicte un dos monstros interiores que aniñan no noso cerebro máis arcano, no noso cerebro reptiliano? Velaquí o inquérito crucial arredor do que se artella Aire negro (Xerais, 2000), un asunto complexo que, como núcleo diexético significaría unha verdadeira catástrofe, un naufraxio novelesco para calquera escritor que non tivese un dominio da arquitectura narrativa como o que posúe Fernández Paz e non como un agasallo dos deuses, senón como froito do traballo e da ambición do autor que pon en todo cando edita e nomeadamente nestes proxectos longos nos que se involucra cada certo tempo. Aire negro é un romance que ao lector lle fará dubidar se se trata dunha historia de terror ou dunha historia de amor. Pertence claramente ó xénero de medo e amosa sen ningunha dúbida «o sentido do morbosamente antinatural», que así é como definiría o xénero Lovecraft. Unha peza de terror en formato longo, caso quizais únco na literatura galega na que as ficcións de terror teñen practicamente sempre a forma de conto, como por outra banda aconsellaría o mesmo Alan Poe. Unha excelente fabulación longa de medo e misterio que xira, como diciamos, verbo da Gran Besta, interpretada ben como mito galego, ben como arquetipo jungiano. O significativo de Aire negro é que, fronte á reacionalidade da ciencia (o profesor de instituto, o médico psiquiatra), ao final acaba por imporse a vella crenza galega do Mal encarnado na Gran Besta, no Demo Maior que habita durmido nos infernos e que esperta de cando en cando, sendo sempre o factor desencadeante unha fermosa muller de pelo vermello. Neste sentido podiamos valorar Aire negro como unha novela de medo moi étnico, que fai esquecer as teorías dos psiquiatras. Os galegos estarrecémonos por cousa dun medo real, dun «medo de carne e óso», poderiamos dicir, que moi pouco ten que ver coas imaxes simbólicas.

No customer comments for the moment.

Escriba su propia reseña

AIRE NEGRO

AIRE NEGRO

  • 13.0x21.0cm.
  • Nº de páginas: 192 págs.
  • Editorial: EDICIONS XERAIS
  • Lengua: ESPAÑOL
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788483025024
  • Año edicón: 2003
  • Plaza de edición: VIGO

Escriba su propia reseña

30 other products in the same category: