Un anaquiño de horizonte

14,90 

  • Libro de Arturo Abad ; Miguel Cerro (il.)
  • Editora OQO
  • 1ª ed.(12/2014)
  • 40 páginas
  • Este libro está en Gallego
  • ISBN: 8498715083 ISBN-13: 9788498715088

Sin existencias

SKU: 9788498715088 Categoría:

Descripción

Encuadernación: Cartoné

Ao horizonte fáltalle un anaquiño
á dereita de onde se pon o sol.
Por ese oco saltan os peixes
e as botellas que esconden mensaxes secretas.
 
Un pirata vive obsesionado coa idea de descubrir que se esconde detrás do horizonte. Nin as novas aventuras, nin as batallas, nin o xogo do agocho/escondedoiro inglés, co que a miúdo se entretén para paliar as horas mortas, distráenlle da súa obsesión.
 
Para pescudalo, un día emprende un longo e dura viaxe ata o fin do mundo. A medida que se vai achegando pensa que, no fondo, afástase máis del. Entón, decide xogar co horizonte a ese xogo ao que está tan afeito.
 
Por fin sénteo máis cerca e pode asomarse a contemplar o que hai detrás. Desde ese día, volve todas as semanas para xogar co horizonte que, agradecido, regálalle un anaquiño.
 
Na súa terceira colaboración con OQO editora, logo de Taller de corazóns e Zimbo, o autor Arturo Abad articula un relato en torno a dúas ideas:
-O universo réxese por unhas normas que deben ser respectadas.
-Todos temos a necesidade de alcanzar os nosos soños por imposibles que parezan.
 
Para axuntar os dous conceptos, Abad propón xogar coas regras para conseguir a nosa meta: hai moitas regras e algunhas poden supeditarse a outras, segundo o noso criterio.? E confirma que non se pode alcanzar o horizonte, certo, pero tampouco che podes saltar as regras do escondite/escondedoiro inglés. Á hora de elixir, para un neno é máis importante o xogo que a realidade?.
 
O ilustrador Miguel Cerro recolle esta idea do xogo na súa proposta plástica. Así, nalgunhas ilustracións atopamos casillas que nos dan a idea de que o protagonista avanza cara á meta.
 
Recoñece que foi un reto ilustrar un texto tan poético e confesa haber gozado moito realizando a imaxe da visión do horizonte final: “cando todo descóbrese… esa imaxe clásica e antiga de cando se pensaba que a terra era plana.”
Da man deste pirata-poeta, que “lanza poemas ao vento para alegrar ás gaivotas”, penetrámos nun relato de
aventuras, cargado de metáforas, que nos recorda a importancia de buscar e seguir o noso camiño, sen ceder no empeño, para poder alcanzar os nosos obxectivos.

El autor de Un anaquiño de horizonte es Arturo Abad ; Miguel Cerro , esta publicación tiene cuarenta páginas.

Información adicional

Peso 0,3 kg