FEITAS OA SISEL

14,50 

  • Editorial ‏ : ‎ Editorial Caldeirón
  • Fecha de publicación ‏ : ‎ 12 mayo 2023
  • Edición ‏ : ‎ N.º 1
  • Idioma ‏ : ‎ Gallego
  • Longitud de impresión ‏ : ‎ 60 páginas
  • ISBN-10 ‏ : ‎ 8412484983
  • ISBN-13 ‏ : ‎ 978-8412484984
  • Dimensiones ‏ : ‎ 16 x 0.5 x 21 cm

Feitas ao sisel, o libro co que Diana Kurich vén de gañar o XVII certame de poesía erótica Illas Sisargas, é un poemario bailado antes que escrito. Unha danza de danzas entre a copla tradicional e a poesía actual que cuestiona a interpretación machista do baile tradicional ao mesmo tempo que o amor sometido aos ditados heteropatriarcais. Un percorrido por distintos tipos de baile que celebra, sobre todo, os afectos escollidos, construídos e reconstruídos cada día

SKU: 9788412806984 Categorías: ,

Descripción

Unha das características deste poemario é que foi bailado antes que escrito. Cando lle pos corpo á outredade dentro dun rexistro fortemente marcado por roles de xénero binarios e heteronormativos só tes unha alternativa: rachar o patrón. Xorde aí a necesidade de revisión dunha expresión cultural como é o baile . As compañeiras de Andar cos tempos afondan na necesidade desta transformación urxente. Non somos as primeiras/primeires nin seremos as últimas/últimes. Só somos as/es do medio.

Mais é, en realidade, un poemario de amor. Ou máis ben sobre como construír outras formas de amar. En que querías poñer o acento respecto a iso? 

O poemario intenta narrar a historia dun(s) amore(s) en dous tempos marcados polo baile. O baile solto que correspondería coa iniciación, sedución, a semente do desexo… e a parte que corresponde co baile agharrado que é onde se atopan pel con pel e camiñan por diferentes estados. O acento quería poñelo aí: no amor poliédrico, polisemántico e en continua deconstrución.

A escolla das diferentes coplas foi froito dun traballo colectivo e minucioso de anos de andar a peneirar as coplas principalmente do “Cancioneiro popular gallego” de José Pérez Ballesteros (1942). Ollo que este señoro só as recolleu. E algunhas porque teñen un significado ligado ao emocional. Cada parte do poemario bebe de dúas fontes diferentes: os referentes atopados nas coplas tradicionais e os referentes presentes, tamén os das paredes. Obviamente todos eles cun discurso non hexemónico. O xogo con eses dous referentes consistiu na dinámica da tradición oral boca-oído que pasou de ser anónimo-a-e a ter nome e apelidos , e moitos!

Información adicional

Peso 0,50 kg