FEITAS OA SISEL
14,50 €
- Editorial : Editorial Caldeirón
- Fecha de publicación : 12 mayo 2023
- Edición : N.º 1
- Idioma : Gallego
- Longitud de impresión : 60 páginas
- ISBN-10 : 8412484983
- ISBN-13 : 978-8412484984
- Dimensiones : 16 x 0.5 x 21 cm
Feitas ao sisel, o libro co que Diana Kurich vén de gañar o XVII certame de poesía erótica Illas Sisargas, é un poemario bailado antes que escrito. Unha danza de danzas entre a copla tradicional e a poesía actual que cuestiona a interpretación machista do baile tradicional ao mesmo tempo que o amor sometido aos ditados heteropatriarcais. Un percorrido por distintos tipos de baile que celebra, sobre todo, os afectos escollidos, construídos e reconstruídos cada día
Descripción
Unha das características deste poemario é que foi bailado antes que escrito. Cando lle pos corpo á outredade dentro dun rexistro fortemente marcado por roles de xénero binarios e heteronormativos só tes unha alternativa: rachar o patrón. Xorde aí a necesidade de revisión dunha expresión cultural como é o baile . As compañeiras de Andar cos tempos afondan na necesidade desta transformación urxente. Non somos as primeiras/primeires nin seremos as últimas/últimes. Só somos as/es do medio.
Mais é, en realidade, un poemario de amor. Ou máis ben sobre como construír outras formas de amar. En que querías poñer o acento respecto a iso?
O poemario intenta narrar a historia dun(s) amore(s) en dous tempos marcados polo baile. O baile solto que correspondería coa iniciación, sedución, a semente do desexo… e a parte que corresponde co baile agharrado que é onde se atopan pel con pel e camiñan por diferentes estados. O acento quería poñelo aí: no amor poliédrico, polisemántico e en continua deconstrución.
A escolla das diferentes coplas foi froito dun traballo colectivo e minucioso de anos de andar a peneirar as coplas principalmente do “Cancioneiro popular gallego” de José Pérez Ballesteros (1942). Ollo que este señoro só as recolleu. E algunhas porque teñen un significado ligado ao emocional. Cada parte do poemario bebe de dúas fontes diferentes: os referentes atopados nas coplas tradicionais e os referentes presentes, tamén os das paredes. Obviamente todos eles cun discurso non hexemónico. O xogo con eses dous referentes consistiu na dinámica da tradición oral boca-oído que pasou de ser anónimo-a-e a ter nome e apelidos , e moitos!
Información adicional
| Peso | 0,50 kg |
|---|







